Jan
22
Non ía de negro senón cun vestido estampado azul e branco e levaba sobre os ombros un chal da color da prata vella, como prolongación dos cabelos. Fíxome sinal de stop desde a sombra da marquesina e, cando me detiven, asomou con resolución pola xanela do auto uns ollos de curuxa con gafas de cuncha.
¿E logo irá para Vigo, ou non?
Preguntouno coma se realmente non houbese outro sitio a onde poder ir.
Un millón de vacas, Manuel Rivas