Feb
16
O xornalismo, igual que a literatura, consiste en construír realidades. Pero a literatura só promete entretemento, reflexión, mentres que os medios din que iso que fabrican é realidade. É a mesma disxuntiva que atopamos entre publicidade e arte: a primeira sérvese de todos os recursos da segunda, crea, efectivamente, produtos artísticos (que son un paradigma da estética contemporánea). A diferenza é que a arte é arte porque non quere conducir a quen mira cara un fin.
Xurxo Borrazás, nunha entrevista con Lara Rozados en ANT